Os mércores 3, 17 e 24 de marzo, no noso local, desenvolvemos este curso que forma parte do programa Para Volvermos (ás aulas). Será impartido por Carmela Galego, historiadora da arte e divulgadora. O horario é de 19.30 a 20.45 horas.
A Praza de María Pita converteuse coa chegada do século XX no cerne da cidade. Unha empresa que atravesou moitas dificultades, lóxicas se temos en conta que había antes no lugar. Desde a primeira pedra que se derribou, até o último relevo esculpido, estivo todo deseñado para deixar constancia dunha identidade local nesa “catedral do pobo” que anunciaban as novas dos xornais. En efecto un proxecto ateigado de iconografía e historia que neste obradoiro imos descifrar con agarimo.