16

Out

A Historia de España, unha construción interesada e falaz

19.00 h

O luns 16 de outubro, ás 19 h, comezamos o ciclo PENSANDO O FUTURO, cinco voces diferentes que queren ser un xeito de contar o mundo. Falaremos de como se constrúe a historia, de medios de comunicación públicos, de censura e autocensura, de feminismo e de intelixencia artificial.

Cinco palestras, dúas en outubro e tres en novembro completarán esta edición de PENSANDO O FUTURO.

  • Francisco Calo Lourido (16 de outubro)
  • Anxo Quintela (23 de outubro)
  • Elvira Souto  (6 de novembro)
  • Carme Adán (13 de novembro)
  • Rubén Cela (27 de novembro)

Francisco CaloComezamos o luns 16 de outubro ás 19.00 h con Francisco Calo Lourido que nos ofrece a palestra A Historia de España, unha construción interesada e falaz.

Todas as nacións falsearon a súa Historia. España non existiu como ente político, como Estado, ata o século XVIII, e esforzouse por aparentar algo que aínda hoxe segue a ser a súa maior teima: o sacrosanto concepto da unidade nacional.

Francisco Calo Lourido é Doutor en Xeografía e Historia pola USX e Catedrático de Xeografía e Historia. Gañou en dúas ocasións o premio de investigación Antón Losada Diéguez.

Desenvolve a súa actividade investigadora sobre todo nos eidos da arqueoloxía e da antropoloxía con máis de duascentas publicacións. A súa última obra editada por Xerais é A historia de España baseouse en falacias. Nin Reconquista, nin Imperio nin Estado ata o XVIII, nin Nación ata o XIX.

Se queres asistir a esta palestra, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies