10

Nov

A India hoxe: as viaxes da viaxe. Proxección fotográfica.

19.30 h

O xoves 10 de novembro, ás 19.30 h, o poeta Cesáreo Sánchez Iglesias, falaranos da India hoxe: as viaxes da viaxe a través dunha proxección fotográfica.

Que viaxe é posible hoxe a unha cultura tan complexa e tan lonxincua. Que papel xogou o colonialismo na India actual. A sociedade actual. O hinduismo. As relixións ateas ou non teistas. A muller na sociedade actual, unha aproximación.

Cesáreo Sánchez Iglesias (Dadín-Irixo, 1951) é autor dunha ampla obra, principiada en 1978 con Silencios e conversas de inverno. Foi director de Edicións A Nosa Terra e presidente do semanario do mesmo nome. É presidente da AELG. O seu último libro publicado é A árbore que dá as lágrimas de Shiva de Edicións Xerais.

Se queres asistir a esta actividade, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Erro: Formulario de contacto non atopado.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies