11

Abr

A lei de memoria democrática e os restos do franquismo na Coruña

19.30 h

Memoria democráticaO martes 11 de abril, ás 19.30 h, falaremos da lei de memoria democrática e os restos do franquismo na Coruña.

En outubro de 2022 aprobábase a Lei de Memoria Democrática (LMD), considerada como insuficiente polo movemento memorialista, pero que ten importantes novidades respecto á Lei de Memoria Histórica de 2007: cualifícase o réxime como ilegal e resultado do golpe militar do 18 de xullo de 1936; concreta o recoñecemento das vítimas do franquismo, con especial referencia ás mulleres; o sistema educativo incluirá o coñecemento da historia e da memoria democrática, desenvolvendo nos libros de texto e materiais curriculares a represión durante a Guerra e a Ditadura, etc.

Na Coruña quedan aínda por retirar máis de 140 símbolos franquistas se temos en conta a LMD, resolucións aprobadas polo concello da Coruña, Parlamento Galego e Deputación da Coruña.

Neste acto participarán persoas comprometidas coa memoria democrática e a eliminación dos restos do franquismo: Uxío Breogán Diéguez, director da Cátedra de Memoria Histórica da Universidade da Coruña, Ana Romero, e Manuel Monge. A presentación correrá a cargo de Emilio Vega.

O debate permitirá tamén adiantar algunhas propostas para a eliminación dos restos do franquismo na Coruña e recuperar a memoria democrática.

Aquelas persoas que nos acompañen levarán de agasallo un folleto de 24 páxinas co informe realizado dos símbolos franquistas da cidade.

Se queres asistir, envíanos os teus datos a través do seguinte formulario:

Erro: Formulario de contacto non atopado.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies