24

Abr

A morte en feminino: análise literaria da recreación teatral do pranto tradicional galego

19.30 h

A morte en femininoO mércores 24 de abril, ás 19.30 h, acompañaranos Marta Seoane Rebollo para falarnos da morte en feminino: análise literaria da recreación teatral do pranto tradicional galego.

Nesta palestra analizarase o pranto tradicional galego en tres pezas teatrais (A Contenda dos Labradores de Caldelas (1671) de Gabriel Feixoo de Araúxo, Os vellos non deben de namorarse (1941) de Castelao e A noite vai coma un río (1965) de Álvaro Cunqueiro) desde unha dupla perspectiva: desde o punto de vista antropolóxico –o pranto como medio para racionalizar a dor provocada pola morte dun ser querido– e desde o punto de vista literario, partindo das primeiras mostras do pranto literario na Antigüidade Clásica. Estudarase tamén a súa dimensión teatral, as súas posibilidades de performatividade, para o que se realizará un breve percurso por distintas manifestacións do pranto que contemplan o espectáculo como un elemento estrutural.

Marta Seoane Rebollo (A Coruña, 1997) é graduada en Galego-Portugués e Español pola UDC, e realizou tamén os mestrados de Literatura Cultura e Diversidade e de Formación de Profesorado na mesma institución.

Esta actividade realízase en colaboración co grupo ILLA da UDC e forma parte do Ciclo Aula Aberta.

Se queres asistir a esta palestra, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies