15

Mar

A muller na revolución dixital

19.00 h

As mulleres na revolución dixitalO luns 15 de marzo, ás 19 horas, e dentro do ciclo Mulleres e realidades comúns, coordinado por Cristina Bajo, coa colaboración da Marcha Mundial das Mulleres, ofrecemos no noso local a palestra A muller na revolución dixital, con Neves Brisaboa.

O pacto social posterior a segunda guerra mundial que facilitou o xurdimento da sociedades do benestar e a paulatina maior presenza das mulleres na vida pública, está en risco. Todos vemos dunha banda a crecente inestabilidade social e política, a polarización, os extremismos ideolóxicos, e doutra banda a crecente brecha económica e paulatina perda de influenza das clases medias. O que non é tan sabido e que moitos deses cambios teñen a súa raíz nunha fonda transformación tecnolóxica que apenas acaba de comezar.

Tentaremos dar algunhas claves dos cambios que están a acontecer, e de analizar o seu potencial transformador e os riscos, mais tamén as oportunidades que supoñen para unha organización social mais xusta. Por suposto as mulleres, son o 50% desta sociedade en cambio, apenas estamos empezando a conquistar certas cotas de igualdade que a transformación dixital pode afianzar ou destruír.

Neves Brisaboa é catedrática de Linguaxes e Sistemas Informáticos da Universidade da Coruña (UDC) e foi galardoada co Premio Nacional de Informática en 2019.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies