O luns 13 de setembro, ás 17 h, a Fundación Juan Soñador organiza no noso local un encontro poético coas mulleres participantes no Proxecto de Igualdade e nas actividades de Malaikas – Círculos de Mulleres: A nosa viaxe en versos.
A nosa viaxe en versos pretende ser unha exposición de relatos curtos de historias de vida contados en primeira persoa por mulleres diversas protagonistas de proxectos migratorios. Poesía, xénero e migración entrelazaranse neste espazo compartido de empoderamento.
PRAZAS ESGOTADAS!