24

Nov

A nova xeira do nacionalismo español

19.30 h

Pablo Batalla: a nova xeira do nacionalismo españolO xoves 24 de novembro, ás 19.30 h, teremos un encontro con Pablo Batalla Cueto (Xixón 1987), licenciado en historia pola Universidade de Salamanca, escritor e colaborador en distintos medios de comunicación dixital.

Na súa última obra, Los nuevos odres del nacionalismo español, Batalla reflexiona e describe as novas formas e articulacións en que o discurso españolista se vén expresando. A súa investigación afonda nunha serie de productos culturais, intervencións en prensa e nos discursos públicos que alimentan a postura conservadora. Un movemento social e político que o autor considera que se atopa nunha fase de especial esplendor, vivindo o seu propio rexurdimento, con cada vez maior presencia pública e maior influencia, e que á vez non considera un fenómeno unicamente español, senón conectado cunha onda reaccionaria a nivel global.

Se queres asistir, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies