06

Xul

A preservación do cinema

19.30 h

A preservación do cinemaO xoves 6 de xullo, as 19.30 horas, e dentro do ciclo Outras historias de Cinema, teremos connosco a Martin Pawley que nos falará da preservación do cinema.

A inmensa maioría das longametraxes feitas na época do cinema mudo e unha parte notábel dos filmes sonoros dos anos 30 e 40 perdéronse para sempre: son miles e miles de filmes que xa nunca poderemos ver. Outros moitos miles de filmes estiveron e están en perigo debido á insuficiente calidade das condicións de conservación. A preservación da memoria e a arte do cinema é un desafío para toda a humanidade e xustifica a existencia das filmotecas como institucións encargadas de velar por un inmenso patrimonio cultural. Nesta sesión celebraremos a importancia de gardar para o futuro o cinema do pasado e como o descubrimento de filmes esquecidos de diferentes épocas e procedencias nos obriga a repensar constantemente a historia desta arte.

Martin Pawley é crítico de cinema, programador e produtor.

Se desexas asistir, envianos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies