01

Abr

A prostitución a debate

19.30 h

A prostitución a debateO 8M supuxo ter que abordar unha cuestión que a día de hoxe segue sen pecharse dentro do feminismo. Houbo quen preferiu obviar o tema para non xerar fractura, e outra xente falou en nome de todo o feminismo autodenominado abolicionista. Quizás ningunha das dúas opcións sirvan para construír desde o consenso cara o futuro . Debates como este deberían darse durante todo o ano e contando con diferentes opinións. A prostitución non se reduce a dous posicionamentos senón a un gran abano de opinións e propostas.

Debater e construír, a isto chama esta cita do luns 1 de abril ás 19:30: A prostitución a debate.

Participarán:

  • Eva García Amador, activista feminista
  • Marta Casal, socióloga e activista feminista
  • María Cano, activista polos dereitos das e dos traballadores do sexo
  • Mariña Loureiro, activista feminista
  • Saisei-chan, traballadora sexual.

Modera:

  • Cristina Bajo, activista feminista MMM

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies