30

Set

A regulación da eutanasia: razóns dun novo dereito

19.30 h

EutanasiaO xoves 30 de setembro ás 19.30 h, no noso local da rúa Olmos desenvolverase unha palestra co título A regulación da eutanasia: razóns dun novo dereito, a cargo de Miguel Anxo García Álvarez.

O recoñecemento do dereito á eutanasia en determinadas situacións nas que se poden atopar as persoas, xeralmente por razóns de enfermidade, é un progreso na materialización da autonomía, na liberdade individual, e na convivencia nunha sociedade na que o pluralismo moral non é só unha realidade senón un dos seus rasgos mais valiosos.

O avance até a súa legalización deuse sobre o sufrimento de persoas concretas que nos situaban en cada ocasión ante a vivencia desesperada da obriga de “facer algo” para axudalas, seguida da impotencia pola prohibición da axuda necesaria. Tamén grazas ao traballo sostido de argumentación e reivindicación de colectivos organizados, destacadamente ADMD.

Hoxe, cando está a comezar a andadura do novo dereito individual, razóns e datos enfróntanse a falsificacións. Como era de esperar, progreso e reacción bátense no novo escenario, como ven ocorrendo cada vez que se da un novo paso na liberdade das persoas. Pero algo repugna de forma diferente nesta cuestión.

Miguel Anxo García Álvarez:

  • Membro da Asociación Dereito a Morrer Dignamente (DMD)
  • Facultativo Especialista en Psicoloxía Clínica no Hospital Clínico Universitario de Santiago
  • Foi portavoz nacional do Movemento Galego da Saúde Mental
  • Foi Presidente do Comité de Ética Asistencial da Área Sanitaria de Santiago
  • Colexiado de Honra do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
  • Foi membro do Comité Técnico da Estrategia en Enfermedades Neurodegenerativas del Sistema Nacional de Salud.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies