11

Out

A represión sobre o Seminario de Estudos Galegos

19.30 h

Seminario de Estudos GalegosO mércores 11 de outubro, ás 19.30 h, e dentro do ciclo dedicado ao centenario de Seminario de Estudos Galegos, Xosé Ramón Ermida falaranos da represión sobre o Seminario de Estudos Galegos.

O proceso represivo contra o Seminario de Estudos Galegos (SEG) desenvolveuse en tres direccións. Unha primeira, refírese a propia entidade, suspendida nas súas tarefas, posteriormente ilegalizada e, por último, cos seus bens e fondos incautados. Unha segunda, afecta aos seus socios, sexan activos for protectores, perseguidos polas súas posicións ideolóxicos e compromisos políticos. Unha terceira, concerne a súa memoria, esquecida e, aínda peor, manipulada para desfigurar os seus obxectivos, até o punto de facer pasar ao colectivo como un antecedente do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS), entidade creada polo franquismo dentro do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), cuns fins antagónicos aos do SEG.

Xosé Ramón Ermida Meilán é autor de diversas investigacións sobre a represión franquista, a historia do nacionalismo e os movementos sociais e políticos na Galiza contemporánea.

En Outubro de 1923 botaba a andar unha empresa científica xigantesca, o SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS. O 12 de outubro de 1923 estudantes e profesores da Universidade de Santiago de Compostela fundan, na casa na que vivira Rosalía de Castro en Ortoño, o Seminario de Estudos Galegos (SEG). O SEG nace co obxectivo de elevar o nivel da cultura galega e equiparala ás demais culturas europeas; estruturouse en varias seccións dirixidas por cadanseu coordinador: Filoloxía, Arte e Letras, Etnografía, Historia, Prehistoria, Xeografía, Historia da Arte, Historia da Literatura, Pedagoxía, Ciencias Aplicadas, Ciencias Naturais e Ciencias Sociais, Xurídicas e Económicas. Na ACAB queremos celebrar este centenario cun ciclo de palestras e cunha publicación de 24 páxinas realizada por Iria-Friné Rivera Vázquez. Con esta palestra de Moncho Ermida comezamos este ciclo que continuará con Tino Fraga (18 de outubro), Teresa López (25 de outubro) e Encarna Otero (8 de novembro).

Se desexas asistir a esta palestra de Xosé Ramón Ermida, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies