Seguindo co Ciclo M68Pensar xunt@s NON. Empurrar xunt@s SI este venres 1 de xuño ás 20 h falaremos de A revolución vén de incognito con Antón Losada (1)
Falaremos das revolucions efectivas que estamos a vivir sen darnos de conta, case que de incógnito. Cambios transcendentais na política, na sociedade, na economía, nas relacions personais que non acabamos de entender ben. Porque no século XXI a revolución é o que che pasa mentres esperas que veña a revolución.
(1) Antón Losada é profesor titular de Ciencia Política no departamento de Socioloxía e Ciencia Política da universidade de Compostela dende 1998. Leva realizado un importante labor no ámbito dos medios de comunicación, participando en diversos parladoiros radiofónicos da Cadena SER e escribindo artigos en varios medios de comunicación. Ocupou a dirección de Radiovoz en Madrid. Tamén colaborou en diversos programas de radio e televisión e foi o presentador do programa Bule Bule, dirixido por Antón Reixa. Foi secretario xeral de Vicepresidencia e de Relacións Institucionais con Anxo Quintana. A súa última obra é Los ricos vamos ganando, 2015.