30

Xuñ

A saúde mental das mulleres ou como patoloxizar desigualdades

19.00 h

Saúde mental das mulleresO martes 30 de xuño, ás 19 h, Paula Tomé, activista dos dereitos das persoas con diagnose psiquiátrica, ofrece unha palestra sobre a saúde mental das mulleres ou como patoloxizar desigualdades.

A saúde mental das mulleres atópase condicionada por violencias de todo tipo: económicas, normativas, familiares, laborais, médicas….entender e atender a saúde mental das mulleres pasa por nomear, visibilizar e establecer relacións de causalidade entre estas violencias e a súa tradución nos chamados “síntomas clínicos”.

O modelo biomédico de atención aos problemas de saúde mental resulta insuficiente (non só para as mulleres) e individualista, en tanto que non ten esta ollada social, feminista e estrutural.

Só desde unha perspectiva colectiva se poden abordar e construír alternativas desde o feminismo para acompañarnos e apoiarnos, socializando o sufrimento e as ferramentas alternativas para reducilo en comunidade.

Aforo limitado.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies