07

Xul

A Sida, a outra pandemia das nosas vidas

19.30 h

A sida, a outra pandemia das nosas vidasO xoves 7 de xullo, ás 19.30 h, Martin Pawley falaranos dos filmes que retrataron a outra pandemia das nosas vidas, a SIDA.

En 1981 se identificaron os primeiros casos da enfermidade que logo foi coñecida como SIDA, a síndrome de inmunodeficiencia adquirida; desde entón, morreron por esta causa en todo o mundo arredor de 36 millóns de persoas, 13 veces a poboación de Galiza. O cinema non tardou en facerse eco da SIDA con obras que serviron, tamén, para retratar a comunidade homosexual lonxe dos tópicos e prexuízos daquela aínda vivos nas producións da grande industria. Nesta sesión repasaremos algúns fitos, desde a ficción fundacional “Buddies” de Arthur J. Bressan Jr aos achegamentos documentais e experimentais e mesmo visións parabólicas tan estimulantes como “Book of Days” de Meredith Monk.

Martin Pawley é crítico de cinema, programador e produtor.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies