O xoves 25 de maio, ás 19.30 h, organizado polo Foro Cívico da Asociación Cultural Alexandre Bóveda, celebrarase o debate A situación da pesca na Galiza, para analizar os problemas actuais da pesca, así como a influencia das novas leis da Comunidade Europea.
Contaremos coa participación de:
- Alberto Castro García, secretario da Asociación de Armadores do cerco de Galicia (ACERGA), presidente do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro e Secretario da Confraría de Pescadores de Sada.
- Torcuato Teixeira Valoría, avogado especializado en temas do sector pesqueiro, onde posúe unha dilatada traxectoria de xestión e análise. Foi patrón maior da Coruña entre 1998 e 2003. Actual responsable da Área Xuridica da Federación Nacional Confrarías de Pescadores, pertence ao Consello de Administración da Lonxa coruñesa.
- Consuelo Bautista, xefa de informativos de Radio Coruña- Cadena Ser
Se queres asistir a este debate, envíanos os teus datos a través deste formulario: