20

Nov

A vida que veu (ou non) do espazo

19.30 h

Isabel RebollidoO luns 20 de novembro ás 19.30 h, Isabel Rebollido ofrécenos unha palestra co título A vida que veu (ou non) do espazo.

A única evidencia de vida que temos con certeza é a que atopamos na Terra. Pero as condicións para a súa existencia non sempre foron favorables. Entender como o material primixeneo chegou ao noso planeta nas etapas iniciais da sua formación é imprescindible para buscar vida no universo. Pode que unha parte fundamental de este proceso foran os corpos máis pequenos e antigos que atopamos no noso Sistema Solar: asteroides e cometas. Agora o que nos preguntamos é: poden estes corpos estar afectando a evolución biolóxica de outros sistemas planetarios?

Isabel Rebollido cursou os seus estudos de Física na Universidade de Santiago de Compostela. É doutora pola Universidade Autónoma de Madrid, coa súa tese “Exocometas: Un estudo do entorno gasoso de estrelas tipo A”. Tras un traballo postdoutoral no Space Telescope Science Intitute de Baltimore, onde traballou con datos do novo telescopio espacial James Webb, é agora beneficiaria dunha beca Juan de la Cierva no Centro de Astrobioloxía en Madrid. O seu traballo céntrase no estudio dos corpos máis pequenos dos sistemas planetarios (asteroides e cometas) e como poden afectar á aparición de vida nos planetas.

Esta actividade forma parte do Ciclo PENSANDO A CIENCIA que traerá a AC Alexandre Bóveda ao comunicador da ciencia Manuel Vicente (15 de novembro ás 19.30 h), ao divulgador científico Martin Pawley (24 de novembro ás 19.00 h), á decana da Facultade de Matemáticas Elena Vázquez Cendón (28 de novembro ás 19.30 h) e ao cosmólogo Antón Baleato Lizancos.

Se queres asistir a esta palestra, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies