27

Dec

Presentación de “A abertura da boca” de Carlos Callón

19.00 h

A abertura da bocaO luns 27 de decembro, ás 19 horas, presentamos no noso local o libro de Carlos Callón A abertura da boca.

No Antigo Exipto existiu un ritual relixioso que recibiu o nome de “abertura da boca”, uep-rá. Con el, conseguíase que unha momia recuperase as funcións de alimentarse, comer, beber, respirar e ollar, ou ben que unha estatua cobrase vida. Carlos Callón convoca esta metáfora para se debruzar sobre unha “certa estadía nun certo inferno” e levarnos canda el polos lindes inmapeábeis dunha dor que non quere ser desterrada.

Carlos Callón é profesor de Xeografía e Historia no Instituto Espanhol de Lisboa. Doutor en Filoloxía Galega e Portuguesa e presidente de Honra da Mesa pola Normali­zación Lingüística. Publicou, entre outros, os libros Amigos e sodomitas (2011), Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez (2012) e Inscricións (2019).

Estará acompañado no acto pola poeta Yolanda Castaño, o psicanalista Manuel Fernández Blanco e a presidenta de ACAB María Xosé Bravo.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies