20

Abr

Inauguración da exposición “Abril é máis futuro”

12.00 h

Abril é máis futuroO Partido Comunista Português trae a Galiza a exposición arredor do 50 aniversario da Revoluçao dos Cravos, Abril é máis futuro.

A exposición consta de dez paneis nos que se recolle o panorama histórico da resistencia, da Revolución e da contra-revolución. Unha mostra que sirve para afirmar a permanencia da loita nos valores de Abril.

A exposición conta en Galiza coa colaboración da Fundación Galiza Sempre, da Associaçom José Afonso e da Asociación Cultural Alexandre Bóveda.

A inauguración da exposición terá lugar o sábado 20 de abril ás 12 horas no noso local.

Contaremos coa presenza de Miguel Tiago, da comisión de asuntos económicos do PCP, Francisco Jorquera, portavoz municipal do BNG da Coruña, e Ana Miranda, eurodeputada do BNG.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies