O luns 31 de xaneiro, ás 19.30 h, presentamos no noso local o libro de Xosé Ramón Branco Buxán, Acoso e demolición do sistema público de ensino. Covid-19: causa ou escusa?, publicado por Edicións Laiovento.
Este ensaio identifica no sistema educativo unha serie de subxectividades e de arquitecturas organizativas que forman parte da cultura neoliberal hexemónica en Occidente. Os procesos de privatización e individualización que se fundamentan na estigmatización, segregación e degradación do ensino público, representan un perigo e un desafío para o cumprimento dos obxectivos ideais de ben público, de balde e de acceso universal.
Xosé Ramón Branco Buxán (Asados – Rianxo, 1944) é doutor en Filosofía e Ciencias da Educación. USC (1995). Enxeñeiro Técnico en Industrias Agrícolas. E.I.T.A. (Madrid, 1970). Máster Universitario en Migracións Internacionais. UDC (2011). Mestre viticultor e adegueiro. Escola de la Vide (Madrid, 1968). O labor profesional desenvolveuno na esfera privada en empresas multinacionais da química e do petróleo. Responsábel dos servizos agronómicos e da selección, formación e xestión de equipos.
No acto participará, ademáis do autor, o exreitor da UDC Xosé Luís Armesto.