O xoves 2 de febreiro, ás 19.30 h, Martin Pawley falaranos dos actores e actrices afroamericanos no cinema de Hollywood dos anos 50 e 60.
Fronte ao rol subalterno que os actores e actrices de pel negra ocuparon durante décadas no cinema estadounidense, con honrosas excepcións, a partir dos anos 50 fíxose un oco unha nova xeración de intérpretes que, en paralelo á loita polos dereitos civís, conseguiu dar vida outro tipo de personaxes e a través deles expoñer o racismo estrutural da sociedade. Algúns deses actores acadaron prestixio e sona, como é o caso de Sidney Poitier ou Harry Belafonte, mais moitas outras persoas non chegaron a ocupar na historia do cinema o espazo que merecían. Nesta sesión revisaremos algúns dos fitos principais dun período efervescente.
Martin Pawley é crítico de cinema, programador e produtor.
Se queres asistir, envíanos os teus datos a través deste formulario:
Relacionado