21

Out

Inauguración de “Ás aforas dunha cidade estranxeira”

12.00 h

Ás aforas dunha cidade estranxeiraO sábado 21 de outubro, ás 12 horas, inauguramos no noso local a exposición Ás aforas dunha cidade estranxeira, de María Meseguer.

Ás aforas dunha cidade estranxeira é unha serie fotográfica que recolle escenas casuales da paisaxe urbana, principalmente da cidade da Coruña. Fotografías de casas, rúas, escaparates, muros e outros detalles intervidos pola casualidade; arquitecturas imprevistas producidas por accidentes, deterioro ou simplemente por unha luz ou reflexo determinado, que tentan mostrar a beleza que xorde por casualidade no medio que nos rodea. Imaxes que non identifican unha cidade concreta (non aparecen edificios ou espazos emblemáticos, como a Torre de Hércules ou a Praza de María Pita, por poñer un exemplo neste caso) senón que retratan unha arquitectura, ás veces vilipendiada, que poderiamos atopar nos barrios de practicamente calquera cidade do mundo, e que para min conteñen unha beleza a descubrir.

María Meseguer Alcain (Madrid, 1966) estuda no International Center of Photography (ICP) de Nova York con profesores como Mary Ellen Mark e Nan Goldin. Xa en España realiza talleres con Eduardo Momeñe, Alberto García Alix, Alberto Schommer, Larry Towell ou Ferdinando Scianna entre outros. Fotógrafa con máis de trinta anos de experiencia  traballou para a Residencia de Estudantes de Madrid, ARCO, Fundación Luís Seoane, MAC (Museo Gas Natural Fenosa), Fundación Paideia Galiza, Expocoruña, Concello da Coruña, Fundación Seoane, Hospital Universitario da Coruña, Porto da Coruña, Centro Sociocultural ÁGORA, Museo Gaias y a Mostra de Cinema Periférico ( S8) desde o ano 2011.

Se queres asistir, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies