28

Mar

Encontro co capitán e a tripulación do Aita Mari

20.00 h

Aita MariEste xoves, 28 de marzo, ás 8 da tarde, organizamos xunto ao Comité Galego de Solidariedade Internacionalista, Mar de Lumes, un encontro con parte da tripulación do barco vasco de rescate Aita Mari (que está estes días na Coruña).

Falaremos sobre o seu labor e a persecución que sofren por parte das institucións europeas e dos seus estados, que coas súas criminais políticas migratorias deixan morrer no mar miles de persoas que fuxen das guerras e da miseria que eles mesmos provocaron.

Intervirán: Michele Angioni, Juan Rodríguez e Marco Martínez, tripulantes do Aita Mari, barco vasco de rescate de migrantes náufragos no Mediterráneo.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies