Organizado pola Asociación Cultural O Galo e a Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura celébrase o sábado 21 de xullo ás 12 h no CUMIO DO PICO SAGRO a
LECTURA DE ALBA DE GRORIA DE CASTELAO
Este acto vense a realizar desde que no 2011 se conmemorou o 125 aniversario de Castelao, quen acudiu até o Pico Sagro no 1924 e, xa refuxiado en Arxentina, simbolicamente volveu a el cando, escribiu o Alba de Gloria. En 2018 conmemórase o setenta aniversario da súa lectura en Bos Aires por Castelao. E, como desde hai 8 anos, e facéndoo sempre o sábado antes do Día da Patria Galega, subiremos ao Pico Sacro o 21 de xullo de 2018, ás 12 h, para ler no seu cumio este precioso texto.
PROGRAMA:
12.00 h. Chegada ao Pico e concentración onde estaba situada a fonte milagreira do Pico Sagro, que foi presuntamente roubada hai moi poucos anos. Recitado dun poema adicado a este monte por parte do taller de poesía da AVC. Agra do Orzán da Coruña, asociación invitada este ano a partillar a lectura do discurso Alba de Gloria.
12:15 h. A escritora Mercedes Queixas daranos a benvida. De seguido, subida do último treito do cumio do Pico Sacro.
12:45 h. Izado da bandeira e lectura de Alba Gloria. Esta estará a cargo: pola AC. O Galo de Santiago, de Elvira Cienfuegos, ecoloxista; pola AVC Agra do Orzán da Coruña, de Belén Núñez Romero e pola AC. Vagalumes da Estrada de David Otero, escritor. Canto do himno galego e baixada con visita ás covas da raíña Lupa, con explicacións da escritora Iolanda Aldrei sobre as lendas e historia deste espazo.
14:00 h. Actuación do grupo Bico de Mar no adro da capela do Pico Sagro.
Tarde: Xantar e roteiro literario pola Ulla (Organiza AC. O Galo e AC. Vagalumes)-
15:00: Xantar* no restaurante “Aldea Grande”, en Santa Cruz de Ribadulla (a 300m do pazo de Ortigueira), telef. 669-523488 e 609-906623; na sobremesa actuación do grupo Bico de Mar.
17:30 h. Saída do restaurante e comezo do roteiro literario (parte a pé e parte en coche)
- Ofrenda nos enterramentos de Avelina e de Marcial Valladares (adro da igrexa de Berres).
- Visita guiada ao pazo de Vilancosta, o pazo de Avelina e Marcial Valladares.
- Pequeño recital poético no Areal de Berres, á beira do Ulla.
* Xantar (empezará ás 15 h):
O prezo de todas actividades desta xornada, incluido menú, é de 18 euros por persoa para @s soci@s da AC. Vagalumes, AC. O Galo e AVC. Agra do Orzán, e de 20 euros para as personas non pertencentes a estas asociacións. Os cartos deben ingresarse na cc. do BBVA:
ES32 0182 5922 49 0201560143, antes do 18 de xullo de 2018 ás 15 h.
Asemade, tamén antes desa data e hora, compre, que cada quen se anote cubrindo todo o formulario. Unicamente en caso de non poder facelo nesa web, escribir a ogalo.ac@gmail.com indicando nome, DI, email, teléfono e o menú elixido.