Este 20 de xullo de 2019 celebrarase unha nova subida ao cumio do Pico Sacro 2019 para a lectura anual do Alba de Gloria organizado pola Asociación O Galo e a Asociación veciñal do Agra do Orzán sendo convidada na organización a nosa Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.
Procurarase fretar un bus dende A Coruña se alcanzamos un grupo mínimo de 30 persoas para o cal deberiamos apontarnos antes do 3 de xullo, a través do formulario ao pé.
O programa de actividades:
- 12 h do mediodía, lectura de poemas polo noso colectivo “Gosto de vivir a poesía”, a intervención dunha escritora e o ascenso ata o cumio para leren Alba de Gloria cos representantes das dúas agrupacións organizadoras e da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.
- Logo, xantar nun restaurante (por determinar, en terras do Ulla), actuando o grupo musical Maraxe
- Habera dúas visitas guiadas: ao mosterio de Camanzo e ao poboado mineiro de Fontao (minaría de Wolframio);
A asistencia ás actividades no Pico Sacro é libre, mais se che interesar asistir no bus, ao xantar e ás visitas guiadas, indícanos o teu nome, apelidos, teléfono de contacto.
3 menús a escoller no momento da inscrición.
Común aos tres menús:
Pan, bebida e sobremesa: Torta xeada (quen teña alerxia debe avisar para que lle ofrezan outra sobremesa). Nota: Todo canto se pida fóra destes menús, será pagado no restaurante por quen o pida.
Menú 1:
- Petiscos: Chourizo, queixo, empanada, croquetas e olivas
- Churrrasco mixto, acompañado de patacas fritas e ensalada de leituga e tomate
Menú 2:
- Petiscos: Chourizo, queixo, empanada, croquetas e olivas
- Tenreira asada, acompañada de patacas estufadas e ensalada de leituga e tomate
Menú 3 vexetariano:
- Parrillada de verdura (pemento verde, pemento encarnado, espárragos, cenouras, tomates…)
- Arroz con cogumelos e ensalada de leituga e tomate
Prezos: 19 euros o xantar e máis as dúas visitas guiadas; o prezo do bus variará en función do número de persoas inscritas (máximo 10 euros)
FORMULARIO DE INSCRICIÓN PARA A VIAXE EN AUTOBÚS. ENVIAR ANTES DO MÉRCORES 3 DE XULLO
Erro: Formulario de contacto non atopado.
FORMULARIO DE INSCRICIÓN PARA O XANTAR
Erro: Formulario de contacto non atopado.