16

Xan

“Algo azul”, palestra con Pepe Barro

20.00 h

Bandeira galegaO mércores 16 de xaneiro, ás 20 h, Pepe Barro ofrécenos a palestra “Algo azul”.

En 1916 o artista vangardista portugués Almada Negreiros recibe en Lisboa un envelope postal co mataselos de Vigo e ao abrir a carta xurde un cadrado azul que inunda todo o seu cuarto, facéndose cada vez máis grande…

En 1922 Castelao envía unha carta a Manuel Antonio. Nesta misiva o artista cóntalle ao poeta cuestións artísticas sobre as vangardas, pero de súpeto fai un punto e aparte e pregunta: “Coidas que a nosa côr é así?”, pintando a carón un cadradiño azul…

En 2005, no primeiro partido de fútbol da moderna Selección Galega, un xornalista pregunta ao deseñador: “Por que deseñastes a camiseta de azul? A Galiza é verde…”

Pepe Barro é un deseñador cunha obra que bebe de Galiza ao tempo que renova os seus sinais de identidade. A el débese a camiseta da Selección Galega de Fútbol ou a renovación museolóxica e museográfica da Casa de Rosalía. Entre outras exposicións, deseñou a do centenario da Real Academia Galega (2006); A Coruña na creación do libro galego (2010); Casa-Museo Manuel Antonio (2011); ou Rosalía de Castro, no principio foi o verso (2013).

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies