18

Mai

O texto e o contexto: algunhas consideracións arredor da guerra na Ucraína

19.30 h

Viñeta de El Roto

Viñeta de El Roto

O mércores, 18 de maio, ás 19.30 h, Antonio Brea Ramos ofrécenos unha palestra baixo o título O texto e o contexto: algunhas consideracións arredor da guerra na Ucraína.

A charla tentará ofrecer algunhas claves para entender o actual conflito bélico en Ucraína co obxectivo de superar o relato simplista, terxiversado e emocional que se ten imposto nos principais medios de comunicación. Para conseguilo resulta imprescindible ampliar o foco e tratar de analizar o contexto da guerra desde diferentes perspectivas, especialmente desde os campos da historia e da xeopolítica.

Antonio Brea Ramos é licenciado en Historia e diplomado en Dirección Cinematográfica, e os seus intereses, aínda que moi variados, céntranse na utilización do cinema para o estudo, o ensino e a divulgación da Historia.

 

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies