10

Out

Martín Pallín: A amnistía no marco constitucional

19.30 h

Martín PallínO Foro Cívico da Asociación Cultural Alexandre Bóveda retoma as súas actividades cun tema de actualidade: a amnistía no marco constitucional.

Será o martes 10 de outubro, ás 19.30 h, no salón de actos do Circo de Artesáns (na planta baixa). Contaremos con José Antonio Martín Pallín (A Coruña, 13-6-1936), fiscal e maxistrado do Tribunal Supremo.

Xubilado en 2006, é colaborador habitual e columnista de opinión de numerosos medios de comunicación. Declaraba recentemente: “A amnistía depende dunha decisión política e é perfectamente constitucional; non vai en contra de ningún artigo da Constitución”.

Non é necesario inscribirse para asistir ao acto. A entrada é libre ata completar capacidade.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies