27

Nov

Roteiro: Andaina miúda con Rosalía

11.30 h

Arriba
todas, rapaciñas do lugar!,
que o sol
i a aurora xa vos vén a dispertar.

Andaina miúda con RosalíaPara festexar os 150 anos de Rosalía na Coruña o sábado 27 de novembro imos facer unha actividade especial para as crianza da casa, con Patricia Angulo e Carmela Galego. Remataremos na Fundación Luís Seoane coa música de Pablo Díaz.

Pasearemos polas rúas que Rosalía paseou, lembraremos algúns dos seus poemas, pescudaremos nas pegadas de Rosalía de Castro na Coruña. Converterémonos en detectives para atopar pistas na nosa cidade sobre a gran escritora das letras galegas!

Idade recomendada de 7 a 12 anos.

Hora: ás 11:30 h. Saída da Praza da Fariña.

(Se chove cambiamos de lugar e de hora e será na Fundación Luís Seoane ás 11.45 h).

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies