15

Set

Presentación de “Querida liberdade: vida e obra dun precursor do Rexurdimento. Antolín Faraldo”

19.30 h

Presentación de Querida liberdadeO xoves 15 de setembro ás 19.30 h presentamos, en colaboración coa Deputación da Coruña, o libro Querida liberdade: Vida e obra dun precursor do Rexurdimento. Antolín Faraldo, de Xurxo Martínez, editada por Alvarellos.

Neste ano 2022 estase a conmemorar o bicentenario do nacemento de Antolín Faraldo, un dos pais da Revolución de 1846. Antolín Faraldo Asorey (Betanzos, 1822-Granada, 1853) foi, en palabras de Manuel Murguía, «el primero y el mejor». Simboliza, ante todo, a voz dunha xeración, a dos Provincialistas, que iniciaron o vieiro cara ao noso autogoberno. Faraldo foi alma e mente da Revolución de 1846, a que concluíu traxicamente co fusilamento dos hoxe coñecidos como Mártires de Carral.

Na presentación do libro, ademais do autor, asistirá o deputado de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto.

Grazas á Deputación da Coruña aquelas persoas que asistan levarán de agasallo un exemplar do libro.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies