10

Xuñ

Antonia Ferrín Moreiras e outras mulleres astrónomas

19.00 h

Rúa Antonia Ferrín MoreirasO venres 10 de xuño, ás 19 horas, Nuria Richer,  coordinadora do grupo Muller e Astronomía da Agrupación Astronómica Coruñesa Io, falaranos do proxecto que están a levar a cabo co fin de incluír no rueiro municipal da Coruña unha rúa co nome da astrónoma galega Antonia Ferrín Moreiras, a primeira muller que realizou unha tese sobre Astronomía en España. Ademais, mostraranos máis mulleres referentes en Astronomía, así como as problemáticas en canto a xénero que aínda subxacen nesta disciplina hoxe en día.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies