22

Feb

Presentación de “Ao sur da liberdade”

19.30 h

Ao sur da liberdadeO xoves 22 de febreiro, ás 19.30 h, preséntase no noso local Ao sur da liberdade, de Xosé Henrique Costas.

Despois dunha trintena de libros de lingüística e edicións de literatura galega, o catedrático de Filoloxía Galega Xosé-Henrique Costas publica a súa primeira obra de ficción, unha novela histórica titulada Ao sur da liberdade (Edicións Morgante) que discorre na Galicia e na Hispania dos séculos VIII e IX.

A vida do personaxe histórico, o caudillo muladí Muhammad ibn Marwán Al-Galiqí, alcumado ‘O Galego’, dá pé a un relato que, en forma de novela, debuxa un panorama do medievo peninsular que desafía os tópicos da historiografía.

Xosé-Henrique Costas González é catedrático de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo. As súas investigacións xiran arredor da Dialectoloxía, a Sociolingüística e a obra poética de Cunqueiro. Publicou numerosos libros e artigos científicos e formou parte de varios xurados de premios de ensaio, investigación e literatura. Ao sur da liberdade é a súa primeira incursión en narrativa histórica, e tamén o primeiro libro da triloxía Banu Marwán, a estirpe do galego, unha saga familiar dos séculos VIII-IX.

Acompañará ao autor nesta presentación o escritor e académico Xosé Luís Axeitos. 

Se queres asistir a esta presentación, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Erro: Formulario de contacto non atopado.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies