Na sexta feira, día 3 de marzo ás 19.30 h Diego Bernal ofrécenos unha palestra sobre os apelidos de Galiza, Portugal e Brasil.
Bernal convídanos a un acto dinámico, no que o público será protagonista e no que debullará o significado dos apelidos das persoas que asistan á palestra e exporá curiosidades da súa etimoloxía.
Para facilitar o traballo ao autor convidamos a que nos fagades chegar ao correo de ACAB: acab@mundo-r.com antes do 27, aqueles apelidos (propios ou non) dos que querades coñecer a súa historia.
Diego Bernal Rico (Lugo, 1982) é mestre en Filoloxía Galega pola UdC e pós-graduado pola Universidade Nova de Lisboa. Deu aulas en varias universidades brasileiras e na atualidade é profesor da Escola Oficial de Idiomas Jesus Maestro de Madrid.
O seu último libro, Apelidos da Galiza, Portugal e Brasil (Através Editora), é un dos máis recentes e extensos estudos sobre a onomástica galega. O acto será presentado por Maurício Castro.
Se queres asistir a esta palestra, envíanos os teus datos a través deste formulario: