04

Mar

Accións de apoio a Palestina: boicot xeral e boicot académico

19.00 h

O luns 4 de marzo, ás 19 h, organizamos unha palestra co título Accións de apoio a Palestina: boicot xeral e boicot académico.

Boicot, Desinversión e Sancións (BDS) é un movemento de liderado palestino pola liberdade, a xustiza e a igualdade. O BDS sostén o principio elemental de que as e os palestinos teñen os mesmos dereitos que o resto da humanidade. Israel está a ocupar e colonizando o territorio palestino, discriminando ás e os cidadáns palestinos de Israel e negando aos e as refuxiadas palestinas o dereito de regresar aos seus fogares. Inspirado no movemento anti-apartheid surafricano, o chamado ao BDS insta a actuar para presionar a Israel a que respecte o dereito internacional. Hoxe en día o BDS é amplamente apoiado por sindicatos, asociacións académicas, igrexas e movementos de base en todo o mundo.

Nesta palestra descubriremos que podemos facer como cidadanía para presionar para que Israel cumpra co dereito internacional a través das accións de boicot. Impartirán esta palestra Sara M. Bello, Sahar Shatat, Keina Espiñeira e Mar Rodríguez Romero.

Sara M. Bello é feminista e activista pola xustiza social, actualmente integrante de BDS Coruna e da Asemblea Antimilitar de A Corunha, formou parte do recentemente desaparecido Centro Social A Comuna e da equipa editorial da Revirada Revista Feminista; Sahar Shatat é lingüísta, profesora de árabe e activista de BDS; Keina Espiñeira é profesora da Facultade de Socioloxía (UDC) e Mar Rodríguez Romero, profesora da Facultade de Ciencias da Educación UDC, integrante do Grupo de Traballo de Igualdade de Xénero da UDC e activista de SUGXPALESTINA (Sistema Universitario Galego por Palestina).

Esta actividade realízase en colaboración con SUGxPalestina, BDS e Grupo de Igualdade da Facultade de Ciencias da Educación da UDC.

Se queres asistir a estar palestra, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Erro: Formulario de contacto non atopado.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies