04

Mai

Aproximación histórica á zanfona galega

19.30 h

Xoán Manuel Tubío, "Xaneco"O xoves 4 de maio ás 19.30 h. teremos no noso local unha palestra baixo o título Aproximación histórica á zanfona galega, a cargo de Xoán Manuel Tubío.

Xoán Manuel Tubío, “Xaneco”, é un dos principais artesáns de zanfona e de percusión tradicional e un dos máis recoñecidos nacional e internacionalmente. Desde o seu obradoiro, localizado no lugar da Abeladoira, en Outeiro de Rei, elabora instrumentos de grandísima caliadade e colabora con diferentes grupos de música tradicional desa rexión. Ao mesmo tempo, é o presidente da Asociación de Gaiter@s Galeg@s, organismo que dá acubillo a todas aquelas persoas interesadas na música, danza e canto tradicional da Galiza.

Contaremos co alumnado de zanfona das Escolas da Terra de Cántigas da Terra, dirixido por Miro Casabella, que interpretará varios temas.

Se queres asistir, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies