01

Mar

Aquí bastamos nós! As revoltas das mulleres, 1918

20.00 h

Aquí bastamos nós!

En Galiza era bastante común que nas revoltas populares o protagonismo fose das mulleres. En Nebra, o día 12 de outubro de 1916, érguese unha grande mobilización popular contra o cobro de abusivos e inxustos impostos. Unhas trescentas labregas e labregos enfróntanse aos caciques e ás forzas represivas e catro mulleres e un home son asasinados a tiros por axentes da Garda Civil.çNo ano 1918 as mobilización e os berros vai máis alá e así en Ferrol bótanse os homes da manifestación e na Coruña bérrase aos homes “FÓRA” AQUÍ BASTAMOS NÓS! deixando claro que elas soas son capaces de dominaren a situación.

A historiografía conta, en moitas ocasións, que a participación principal das mulleres era debido a que as forzas represivas, Garda Civil e Exército, nunca dispararían contra elas, mais vira difícil acreditarmos nesa versión ao repararmos que cando hai mortas e feridas son elas as mártires…

Todo isto e moito máis queriamos partillar este xoves con vós. Acompañaranos Olaia Ledo guionista e documentalista, membro da Comisión Revolta Popular marzo 1918.

Vide acompañarnos!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies