O luns 19, ás 19.30, presentaremos no noso local o último número de Areal, a revista da AC Irmáns Suárez Picallo dedicado ao Pazo de Meirás: MEIRÁS 2020. Unha sentenza histórica, con Carlos Babío e Manuel Pérez Lorenzo, autores da obra “Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio”.
Este número conta cun dossier dedicado ao recente proceso de incorporación do Pazo de Meirás ao patrimonio público. Un dossier no que se analiza actual situación do inmoble, a sentenza xudicial que levou á devolución do Pazo, as actuacións que conduciron a ela ou as perspectivas de futuro do inmoble. Os dezaseis artigos que o conforman están asinados por historiadores, xuristas, xornalistas, representantes institucionais e dos movementos sociais.
Este número tamén se pode consultar de forma online na web da revista.
As persoas asistentes recibirán de agasallo un exemplar deste número da revista Areal.