O xoves 16 de xaneiro, ás 20 horas, presentamos no noso local a exposición fotográfica Arte Natural Efémera de Suso Lista.
Trátase dunha serie de fotografías da praia do Osmo de Corme (Costa da Morte) onde as súas particulares areas de titanio nos mostran unhas formas universais que desaparecen con cada marea ao tempo que dibuxa outras novas. O vento, o sol e o mar son os verdadeiros artífices de esta obra que, sendo efémera, é infinita.