16

Xuñ

Cultura galega e arte urbana. Unha aproximación aos murais e graffiti na provincia da Coruña (2015-2021)

19.30 h

Cultura galega e arte urbanaO xoves 16 de xuño, ás 19.30 h, falaremos con Rebeca Castiñeiras sobre cultura galega e arte urbana na provincia da Coruña.

A través da aproximación ás expresións artísticas en forma de mural e graffiti, farase unha análise dos proxectos de arte urbana desenvolvidos na Coruña nas dúas últimas décadas por parte de cooperativas e colectivos e/ou a través de iniciativas institucionais.

Rebeca Castiñeiras é graduada en Historia da Arte pola USC e mestra en Literatura, Cultura e Diversidade pola UDC.

Esta actividade forma parte do ciclo Aula aberta, organizado pola AC Alexandre Bóveda en colaboración co grupo de investigación ILLA da Universidade da Coruña. Tátase dun espazo de divulgación e intercambio sobre temas de literatura e cultura galegas, ao cargo de investigadores e investigadoras noveis.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies