12

Abr

Proxecto artivismo téxtil: “Todas somos palestinas”

19.00 h

Artivismo textilO venres 12 de abril, ás 19 h, dentro co ciclo Mulleres e realidades comúns presentaremos o proxecto artivismo téxtil Todas somos palestinas.

Faremos a presentación do proxecto artivista de costura colaborativa e memoria feminista a cargo de Dolores Cotelo, Mar Rodríguez Romero e Catherine Teasly do Grupo de Igualdade de Xénero da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña e continuaremos cunha sesión de costura colectiva a cargo de Verónica Ramilo, fotógrafa e artivista.

Esta actividade faise en colaboración con SUGxPalestina, BDS Galiza, e Grupo de Igualdade da Facultade de Ciencias da Educación da UDC. O ciclo Mulleres e realidades comúns está coordinado por Cristina Bajo.

Se queres asistir a este acto, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies