22

Mar

As labregas nos conflitos da primeira metade do s. XX

20.00 h

As labregas nos conflitos da primeira metade do S. XXO xoves 22 de marzo falaremos de As labregas nos conflitos da primeira metade do século XX con Lucía Veciño Souto, graduada en Historia, na especialidade de Historia de Xénero Contemporánea e autora dun A Fondo de Sermos Galiza sobre este tema.

É hora de que a historiografía galega aborde o rural galego e o Agrarismo desde unha perspectiva moito máis ampla para crear referentes femininos. Hai moito camiño aínda por andar e por iso cremos tan necesaria unha ollada sobre os casos de resistencia e de oposición en que as mulleres foron protagonistas.

Falaremos con Lucía Veciño do Agrarismo cos casos de Nebra (Porto do Son) e Guillarei (Tui) para pór nome e apelidos ás mulleres que neles participaron; dos conflitos contra á Igrexa, cos casos de Sofán e Oseira, nos que a participación das mulleres foi vital; e dos conflitos de subsistencia, como é o caso de Barallobre e O Saviñao.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies