06

Out

As letras de Florencio. O éxito dun proxecto

19.30 h

Florencio - ano ValdeorrasO 6 de outubro, ás 19.30 horas, Débora Álvarez Moldes ofrécenos a palestra titulada As letras de Florencio. O éxito dun proxecto. Introdución poética da man de Paco Campos. A continuación, Débora Álvarez Moldes achegaranos o percorrido vital de Florencio Delgado Gurriarán e das iniciativas públicas e privadas que se puxeron en marcha para reivindicar o seu papel na historia literaria galega.Proxección da curtametraxe O Castiñeiro morto de Domingo D. Docampo baseada no primeiro poema publicado polo poeta.

Débora Álvarez Moldes é licenciada en Filoloxía Galega. Xestora Cultural. Débora é directora do proxecto As letras de Florencio, que desde 2016 vén loitando por unir toda a sociedade valdeorresa na reivindicación das Letras Galegas para Florencio Delgado Gurriarán, algo que terá lugar en 2022.

Esta actividade encádrase no proxecto Valdeorras Infinda.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies