O xoves 19 de outubro, ás 19.30 h, José-Maria Monterroso Devesa presentará a súa obra As minhas teimas, as nossas teimas.
Trátase dunha escolma das colaboración do autor na prensa galega e afín, no período 1975-2020 sobre a materia galega tocando os temas (as minhas teimas) máis diversos que entende de interese colectivo (as nossas teimas).
José-Maria Monterroso Devesa (Coruña, 1945). Con vivencia infanto-xuvenil no Uruguai profundo, di del propio que, sendo un mozo, viña procurando España e descobriu a Galiza: primeiro, a través dos seus cumes literarios, despóis en contacto coas suas xentes. Animador cultural que foi, poeta a tempo parcial, investigador xenealóxico e onomatolóxico nas últimas décadas… Radicado e xubilado na cidade natal, comparte vivencia anual con Montevideo.
Acompañarán ao autor Carlos Pereira e Xulio López Valcárcel.
Se queres asistir a esta presentación, envíanos os teus datos mediante este formulario: