15

Xuñ

As mulleres das letras na Cidade tatuada na pétrea pel do mar

12.00 h

As mulleres das letrasO sábado 15 de xuño, ás 12 h, realizaremos un roteiro de homenaxe a tres escritoras vinculadas coa cidade: Rosalía de Castro, Francisca Herrera e Luísa Villalta. Un paseo polo centro da cidade para festexar a literatura: As mulleres das letras na cidade tatuada na pétrea pel do mar. Participarán:

  1. Teresa López (vicerreitora da UDC) porá voz á poesía de Rosalía de Castro e Luísa Villalta.
  2. Pilar García Negro, profesora e investigadora falaranos de Rosalía de Castro.
  3. Patricia Carballal, profesora da UDC falaranos de Francisca Herrera
  4. Amalia Gómez e Manuela Varela, actrices farán a lectura dun fragmento de As certezas de Ofelia de Luísa Villalta.
  5. Montse Dopico, xornalista e escritora falaranos de Luísa Villalta
  6. Maribel Longueira, fotógrafa falaranos do libro Papagaio.

A parte musical corre a cargo de Estíbaliz Espinosa, escritora e Mezzosoprano, e Serxio Moreira, pianista. Estrearemos a peza musical Rotas, de Ramón Otero Moreira, a partir de versos de Luísa Villalta, obra por encarga de Estíbaliz Espinosa para o proxecto Porto Ciencia/Porto Poema.

A saída será desde o Balcón do Parrote (explanada que hai cando remata o paseo da Dársena e comeza o paseo do Parrote) e terá unha duración aproximada de unha hora e media. Non é necesario inscribirse.

Grazas á Deputación da Coruña aquelas persoas que nos acompañedes levaredes de agasallo un exemplar de As chaves do tempo de Luísa Villalta reeditado por Cuarto de Inverno.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies