08

Nov

As mulleres no Seminario de Estudos Galegos

19.30 h

O mércores, día 8 de novembro, ás 19.30 h, Encarna Otero falaranos das mulleres do Seminario de Estudos Galegos, dentro do ciclo 100 anos do Seminario de Estudos Galegos.

As mulleres do SEG como socias foron pioneiras, no traballo de investigación, de cultura, nas publicacións, na divulgación de todo o feito e dese xeito contribuíron a construír unha Galiza moito máis culta, moito máis científica, moito máis sabia. Unha Galiza de seu que quedou destruída en 1936 coa desaparición do Seminario de Estudos Galegos e coa destrución de parte dos materiais aínda que algúns se conservaron. Serán algunha destas pioneiras as que nos anos 40 recuperaron e continuaron, en silencio, algúns traballos e liñas de investigación que comezaran co SEG.

Encarna Otero é historiadora e foi directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda no goberno galego. Ten colaborado e colabora en diferentes publicacións como A Nosa Terra, O Ensino, Andaina, ou Festa da Palabra Silenciada, con diversos artigos sobre a muller na historia. É asemade autora de varios ensaios académicos.

Se queres asistir a esta palestra, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies