O xoves 20 de xullo, ás 19.30 h, Mariela Sánchez, profesora na Universidade Nacional de La Plata en Bos Aires, ofrécenos unha palestra baixo o título As nenas que non contaron: memoria e narrativa sobre experiencias de desprazamentos forzados de Galicia á Arxentina. Mariela falaranos da emigración galega en Arxentina e máis concretamente das nenas que cruzaron o Atlántico procedentes de Galiza.
Desde escritas de carácter testemuñal até a ficcionalización de situacións verosimis, a narrativa mostra unha vía na que emerxen espazos para a elaboración de instancias traumáticas, estrañamento e imposibilidade de pertenza e recoñecemento que converxen en elaboracións literarias sobre avatares atravesados, en distintos momentos do século XX, polas infancias, e particularmente as nenas que chegaron a Arxentina procedentes de Galiza.
Mariela Sánchez é doutora en Letras pola Universidad Nacional de La Plata (Arxentina). Profesora adxunta da área de literatura española na mesma universidade e investigadora do Consejo Nacional de Investigaciones Científicas y Técnicas (CONICET). Algunhas das súas liñas de investigación son a memoria da Guerra Civil e do franquismo, a transmisión do pasado traumático e o diálogo cultural entre España e Arxentina no ámbito da narrativa.
Esta actividade faise en colaboración co Grupo de Investigación Lingüística e Literaria da Universidade da Coruña.
Se queres asistir, envíanos os teus datos a través deste formulario: