05

Set

Ascenso á Pena da Vixía con Xurxo Souto

19.00 h

Pena da VixíaO luns 5 de setembro, ás 19 horas, ascenderemos ata a Pena da Vixía. Situada en Monte-Alto, ao pé do depósito de augas, a Pena da Vixía é un lugar moi significado dende tempos antigos.

Alí atopou Francisco Tettamancy a rocha cos petróglifos que se custodia no Museo do Castelo de San Antón.

Alí estaba situada a garita dende a que o vixía controlaba a entrada dos barcos cara ao porto.

Mais a Pena da Vixía é hoxe un espazo invisíbel para a maioría de nós.

Xurxo SoutoEn clave de celebración, “XX anos de literatura coruñenta”,  Xurxo Souto convídanos a unha viaxe cara a este espazo interior. Recoméndase que, quen o teña, acuda cun exemplar de O Retorno dos Homes Mariños ou de A Gran Travesía de Chiruca Macallás, novelas moi vinculadas con esta ruta.

Paseo-iniciación. Dende a Pescaría cara a Monte-Alto profundo, na procura desta marabilla esquecida.

No remate, quizá, sexamos quen de albiscar os propios homes mariños!

CANTIGUEIRO DA VIXÍA

Nos anos cincuenta do pasado século un navío coreano equivocou a ruta e enfilou directamente cara ao Orzán. Afortunadamente o vixía deu aviso para que rectificase a súa derrota. No carnaval dese ano,  Canzobre incluíu esta cantarea no seu repertorio:

Pero o vixía, 

ao velo entrar

díxolle en coreano:

telefuken pola China

que che poden atracar .

Este roteiro forma parte do ciclo Pasear para aprender que facemos todos os luns de setembro.

Sairemos ás 19 horas, desde o noso local, na rúa Olmos 16.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies