O martes 8 de maio, convócase Asemblea Xeral Ordinaria Anual da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda. A primeira convocatoria é ás 17.30 e, se for necesario por non haber maioría de socias e socios, en segunda convocatoria ás 18 horas.
A orde do día é a que segue:
- Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.
- Informe de xestión do ano 2017.
- Informe económico do ano 2017.
- Plano xeral de actuación no ano 2018.
- Rogos e preguntas.
E aproveitamos para dicirvos que en Alexandre Bóveda queremos medrar, ser máis fortes. Por iso animámosvos a todos e todas a ser parte da nosa agrupación. Axúdanos a medrar!!