29

Mai

Presentación dos documentais “Asorey” e “Curros, unha mirada de pedra”

19.00 h

Curros EnríquezO mércores 29 de maio, ás 19 h, preséntanse no noso local os documentais Asorey de J.R. Soraluce e Curros, unha mirada de pedra de Uxía Villarino.

Asorey

Documental de 15 minutos, dirixido por J.R. Soraluce, arquitecto e profesor xubilado da Universidade de A Coruña, membro da Asociación De Maior Crea.

A obra do escultor Francisco Asorey Gónzalez (Cambados 1889 – Santiago 1961) cobre medio século no que a arte experimentou cambios substanciais, entre a herdanza académica tradicional e a aparición das Vangardas.

A súa ampla produción realizouse en madeira e granito maioritariamente abarcando encargos personalizados e monumentos urbanos, nos que a temática e non a cronoloxía serviu de fío argumental para a selección deste documental. A obra relixiosa é tratada de forma diversa destacando imaxes que responden ao coñecemento da Historia da Arte. A madeira é o material das excelentes tallas populares, mentres que o Simbolismo protagoniza os grandes monumentos urbanos, con obras nas que recorre ás formas expresionistas do pasado.

Curros, unha mirada de pedra

Documental de 16 minutos dirixido por Uxía Villarino, mestra xubilada, cinéfila e membro da Asociación De Maior Crea.

Asorey erixiu un dos seus grandes monumentos na cidade de A Coruña á figura do insigne poeta de Celanova Manuel Curros Enríquez, representando a temática civil e social do poemario Aires da miña terra.

Co fin de salientar a obra no seu conxunto e singularizar cada un dos seus elementos filmamos repetitivamente desde distintos encadres e ángulos, en distintos momentos con luces diurnas, nocturnas; en días grises, soleados e chuviosos. No intento de dialogar coa obra do poeta, gravamos na contorna pinceladas da paisaxe humana actual. No fermoso grupo escultórico presidido pola solemnidade da figura de Curros coa súa lira, esculpe nun lateral campesiños asoballados polas pésimas condicións do traballo, das quintas e dos foros; doutro lado mulleres nais e traballadoras; os tres monstruos da base que simbolizan o caciquismo, a usura maila inxustiza. Coroa o monumento unha enérxica “Vitoria” talvez esperanzadora.

Se queres asistir a estas proxecciones, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies