O martes 26 de abril, ás 20 horas, na Fundación Rodríguez Iglesias (Rúa Cordelería, 32) presentaremos o libro Ausentes, de Afonso Eiré.
Ausentes é a novela da emigración que Galiza precisaba. Unha visión total deste fenómeno desgarrador, das que marcharon e das que quedaron, no que se mesturan as emocións das protagonistas, cos datos históricos certos e reveladores.
Afonso Eiré, é un escritor e xornalista que ten publicado máis de vinte títulos, desde as novelas, as crónicas ou os ensaios, ollando desde a atalaia privilexiada de máis de corenta anos a fronte de A Nosa Terra (actualmente é presidente da súa Fundación).
Participarán, ademais do autor, a presidenta da A.C. Alexandre Bóveda, María Xosé Bravo e o presidente de Hércules de Ediciones, Francisco Rodríguez Iglesias.
O cadro de teatro de Cántigas da Terra, dirixido por Isabel Risco, farán unha lectura dramatizada, na que intervirán Miguel Varela, Aurora Rodríguez, Xerardo Cotelo, Chus Sáenz e Xurxo Rodríguez.